jueves, 3 de noviembre de 2011

Estremas, de ANA ROMANI

TRAFEGANDO RONSEIS: Estremas
"Empecemos o ano con poesía, mellor, con poesía galega. A miña última lectura é Estremas,
de Ana Romaní. Unha ollada que nos devolve a case caída abismal, unha procura dende
o máis fondo ata chegar á beira. Porque vivimos na estrema, ou non. Porque vivimos no deserto,
e escollemos a devastación. Porque o estremos é o ruído e mantemos a calma."

Ana Romani é a nosa proxima guia, a nosa Beatriz, da súa man, da súa voz, das súas palabras,
percorreremos os circulos do silencio, da terra, do amor e da pena. todas as beiras
e as súas oceanicas cunchas.
Ana Romani es nuestra proxima Beatriz, de su mano, de su voz, de sus palabras,
recorreremos los circulos del silencio, de la tierra, del amor y de la pena. todas las orillas
y sus oceanicas conchas.

E SE FAGO da varanda unha estación
unha tregua no curso das idades
un balcón para o sosego -abaixo o río-
e caen as augas e liman os meus pés
a memoria do illamento
as sombras da meniña
Se suispendo mesmo o río
e paralizo as augas e miro os estandartes
coa calma de quen rozou o linde
o carambo ardido o iceberg
Se sento no beirado -abaixo a altura-
e pouso no horizonte este pasado
e observo o aire suspendido
arnés que colga a luz para eses ollos
Se fago balaustrada no devir
e cedo ao peitoril esta ansiedade
se son cantil e balda que se asoma
e cesa mesmo así a tapia co seu medo
Abrigo entón a luz na altura que me acolle
e son ese lugar da calma e do beirado
-colga a ponte do seu cansazo aquel andar-
Son un corpo que se expón ao sopro dese aire
e suspende así a mecánica do abismo esa vertixe
o sistema que a sustenta As idades abrigan
este esplendor de campos no horizonte
centeais e clamores e a garza que ensaia neles
a traxectoria limpa doutro voo
Desde aquí na varanda que se asoma
abrigo a expectativa

son xa unha nova estación

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...